Pasar al contenido principal

OIG 2024

O certame, organizado polo CPEIG coa colaboración das Universidades de Vigo, A Coruña e Santiago e o CITIC, celebrarase o 3 de febreiro na Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense

Os dous primeiros clasificados asistirán á Olimpíada Informática Española que se celebrará do 15 ao 17 de marzo en Sevilla

ranking World’s Top 2% Scientists List

O ranking World’s Top 2% Scientists List, realizado pola prestixiosa Universidade de Stanford, en California (EEUU), incluíu a cinco investigadoras e investigadores do CCITIC Centro de Investigación TIC - Universidade da Coruñaentre os científicos máis influíntes do mundo, tres deles premiados na NOITE da Enxeñaría en Informática do CPEIG:

-Alejandro Pazos Sierra, Colexiado de Honra na VIII NOITE
-Amparo Alonso Betanzos, Colexiada de Honra na XV NOITE
-Verónica Bolón Canedo, Premio Ada Byron na XV NOITE

MUEI

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, ofreceu unha charla o pasado 19 de decembro no Máster Universitario en Ingeniería Informática (MUEI) da Facultade de Informática da Universidade da Coruña.

Fernando Suárez falou aos estudantes asistentes sobre dereitos dixitais e ética. 

Charla O Irixo

O noso compañeiro Iván Luis Vázquez, vogal da xunta de goberno do #CPEIG, ofreceu o pasado 1 de decembro unha xornada formativa no CEIP Virxe da Pena, en O Irixo (Ourense), enmarcada no contexto do grupo de traballo de cidadanía do Nodo Galego de Ciberseguridade #CIBERgal, grazas á colaboración do CPEIG e a Deputación de Ourense.

Á charla, titulada "Internet: coñecelo para protexerse", asistiron nenos de 8 a 11 anos que coñeceron os perigos da rede (ciberbulling, perfiís falsos, sexting, phising, hoax... entre outros), e aprenderon sobre o uso seguro de internet.

Postal de Nadal 2023

O debuxo deste rapaz de 11 anos será a postal institucional coa que o Colexio felicitará as festas

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) fallou o duodécimo Concurso de Postais de Nadal 2023. O xurado do certame acordou, por unanimidade, elixir como postal oficial do CPEIG o debuxo de Isaac Ramiro Freire, que participou na categoría A dirixida a nenos en nenas de entre 3 e 12 anos.  

Concurso Postais de Nadal 2023

Poderán enviar os seus deseños ata o 11 de decembro e o fallo do xurado farase público o día 14 en www.cpeig.gal 

Dos gañadores das dúas categorías a concurso, o Colexio elixirá o debuxo que se converterá na súa felicitación oficial de 2023

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) convoca, por duodécimo ano consecutivo, o Concurso de Postais de Nadal, dirixido a nenos e nenas e adolescentes de 3 a 18 anos. 

Futurgal

Futurgal reunirá a máis de 50 especialistas para impulsar o emprendemento a partir de experiencias de éxito e o coñecemento disrutivo.  Organizado pola Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) da Universidade de Vigo, conta coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática (CPEIG).

Black Friday 2023

A entidade explica que unha das principais ciberameazas é o  phishing, punto de partida do 90 % de ciberataques que se producen actualmente

Fernando Suárez, presidente: 
“Debemos mercar en plataformas que dean garantías e utilizar tarxetas de crédito exclusivas para mercar online co fin de reducir o impacto en caso de ciberestafa”

Eleccións CPEIG 2023

A regulación profesional, a colaboración coas administracións, universidades e empresas, a difusión social da profesión e o fomento das vocacións tecnolóxicas entre os máis novos, serán as súas principais liñas de traballo 

Fernando Suárez: 
“É moi emocionante vivir nestes momentos unha profesión que está cambiando o mundo, polo que é fundamental intentar que a sociedade non teña medo á informática e ensinarlle a utilizar as súas ferramentas de forma segura e consciente”  

Xornada Vitae

O experto en contratación e director da consultora, Marcos Carbonell, analizou este proceso desde a psicoloxía do traballo e a visión dos recursos humanos