Pasar al contenido principal

Xornada coa Delegación do Goberno en Galicia

Fernando Suárez, presidente: “As estafas telemáticas crecen a un ritmo dun 50% anual en Galicia. Dispoñemos de grandes profesionais, polo que debemos situarnos como referente e transmitir á cidadanía confianza no uso cotiá dos medios tecnolóxicos”

A vogal do Colexio, Pilar Vila Avendaño, participou nunha mesa de debate e falou da cadea de custodia de evidencias dixitais

Premio TFM

O TFM gañador está dotado con 1.000 euros

Os tres finalistas, seleccionados por unha comisión experta, beneficiaranse dun ano de colexiación gratuíta

Poderanse presentar propostas ata o 21 de abril e o premio entregarase no marco da "15 Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia", que se celebrará o 16 de xuño en Santiago de Compostela

Convenio Navega con Rumbo 2023

O presidente do Colexio, Fernando Suárez, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, asinan un convenio para o desenvolvemento da undécima edición desta iniciativa

Guíase aos rapaces cara unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos da rede

XV NOITE

Reuniranse uns 350 convidados entre profesionais de empresas TIC, corpo colexial e autoridades, coa finalidade de visibilizar a profesión de enxeñaría en informática

OIG 2023

Representarán a Galicia na Olimpíada Nacional que se celebrará en Madrid do 24 ao 26 de marzo

Onte pola tarde celebrouse na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC) a Olimpíada Informática Galega (OIG 2023), organizada polo Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), as tres universidades públicas galegas e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CITIC). 

OIG 2023

O CPEIG, en colaboración coas tres universidades galegas e o CITIC e o patrocinio dunha decena de empresas do sector TIC, organiza este certame na Facultade de Informática da UDC, de 17 a 20 horas

Os dous gañadores pasarán á fase nacional, que terá lugar do 24 ao 26 de marzo en Madrid

Contacontos Sofía

Transmite aos máis pequenos os perigos da rede e os segredos da ciberseguridade a través do conto “Ciberseguridade con Sofía”, coeditado en 2021 coa Xunta de Galicia

Fernando Suárez, presidente: “Os pais ou titores deben manter un diálogo aberto cos seus fillos, indicándolles a importancia da seguridade online e actuando como referentes de comportamento dixital”

Concurso literario Protección de Datos

O certame está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO, que poderá presentar os traballos ata o 28 de febreiro

O obxecto é que tomen conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos

Hacking

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), a Cátedra R, a plataforma Armis, a fundación Gradiant e empresas do sector tecnolóxico –InprOTech, Cloud.gal, Forensic & Security e Qualinnova– organizarán o vindeiro venres, 10 de febreiro, a xornada “Hacking Nivel Mega”, un evento mix lúdico- formativo sobre ciberseguridade no Museo Mega de Estrella Galicia da Coruña (rúa José María Rivera Corral, 6), de 16 a 20:30 horas. Realizaranse as seguintes actividades:

Día Europeo da Protección de Datos

Recomenda de maneira xenérica no Día da Protección de Datos protexer a privacidade nas redes sociais, non conectarse a redes públicas, non interaccionar con arquivos adxuntos procedentes de correos descoñecidos e usar contrasinais complexas

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), con motivo do Día Europeo da Protección de Datos que se celebra o sábado, 28 de xaneiro, pon de manifesto o boom da Intelixencia Artificial (IA) e a súa imprescindible necesidade de recadar datos.