Pasar al contenido principal

A Comisión Europea busca un 'Mister Cyber Security'

Comisaria da UE. Viviane Reding

A Comisión Europea criticou aos estados membros por fracasar á hora de traballar xuntos nun plan sobre o crime online conxunto, e pediu o nomeamento dunha figura capaz de coordinar unha estratexia sobre ciber seguridade a nivel europeo.

Viviane Reding, comisaria europea de Sociedade da Información e Medios de Comunicación, advertiu do potencial impacto de ataques en infraestruturas de redes críticas.

Segundo Reding a axencia de seguridade europea Enisa está limitada a facilitar o intercambio de información e non é probable que se converta no centro europeo de defensa contra os ciberataques. "Non" estou "contenta con isto. Creo que Europa debe facer máis pola seguridade das súas redes de comunicación", dixo Reding, que tamén comento que "Europa necesita" un 'Mister Cyber Security' con autoridade para actuar inmediatamente se está en marcha un ciberataque. Vou loitar para que isto se estableza tan pronto como sexa posible".

A comisaria europea tamén fixo referencia aos usuarios, para que permanezan vixiantes á hora de asegurarse de que os seus ordenadores non se vexan comprometidos e se utilicen para lanzar ataques como parte dun botnet. "Internet é unha rede aberta", dixo Reding, "o que significa que o usuario é un xogador clave na loita diaria pola ciber seguridade".