Pasar al contenido principal

Logo XII Noite

Os tres finalistas, seleccionados por unha comisión experta, beneficiaranse dun ano de colexiación gratuíta

Poderanse presentar traballos ata o 3 de outubro e o premio entregarase no marco da "XII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia", que se celebrará o 30 de outubro en Santiago de Compostela

Código Ético

O Consejo General de Colegios Oficiales de Ingeniería en Informática creou o selo de Empresa éTICa e un rexistro das empresas para poñelas en valor, favorecer a súa identificación e axudar á formulación posterior de políticas específicas. O obxecto é observar o impacto ético da informática para que as empresas éTICas xeren confianza na sociedade.

O Decálogo coas 10 razóns polas que converter a empresa en éTIC actúa como manual básico que guía as actividades da empresa

Concurso protección da datos

O fallo do xurado darase a coñecer no mes de abril 

Daniel Conde de 5º de Primaria do CEIP Virxe da Pena da Sela de O Irixo, en Ourense, e Ivonne Ferreira de 4º da ESO do CPI de Cova Terreña en Baiona foron os gañadores en 2020

Día Rapazas TIC 2021

O CPEIG colabora nesta novena edición, que organiza a Secretaría Xeral de Igualdade e o Cesga o 22 de abril 

Estudantes de toda Galicia están invitados a participar neste evento virtual en directo 

Curso ciberseguridade

O Colexio Profesional de Enxañería en Informática de Galicia (CPEIG) organiza, en colaboración con Cyber Security Center, un curso de especialización en ciberseguridade na modalidade online do 12 ao 29 de abril. O horario de conexión en directo (streaming) será de 16.00 h a 20.00 h.

Día da Muller

Fernando Suárez, presidente: “Só o 35% dos estudantes matriculados nas carreiras STEM son mulleres, e só o 3% delas escollen estudos no ámbito das TIC” 

Convenio Caritas

Fomentarán actuacións para mellorar a responsabilidade social empresarial, formativas e de promoción do emprego

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e Cáritas Interparroquial Santiago asinan un convenio para establecer un marco de colaboración conxunto. O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e o director de Cáritas Interparroquial Santiago, Luis Calviño, foron os responsables de rubricar o acordo.

Día de Internet Segura 2021

Fernando Suárez, presidente: “Corren o risco de ver imaxes ou vídeos de contido sexual ou violento, con linguaxe impropia, e estar expostos a modas perigosas para a súa saúde e a todo tipo de informacións falsas”

Aconsella a pais e nais facer shareting responsable, a práctica de subir imaxes dos fillos menores de idade á rede, para protexer a súa intimidade e seguridade

Galicia2030

O CPEIG colaborou coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Fundación Empresa Universidad Gallega (FEUGA) no proxecto “Galicia 2030: Perfís profesionais de futuro e novas titulacións e especialidades”.

Concurso Protección de Datos

O obxecto é que os estudantes tomen conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos

Está dirixido a alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO que poderán presentar os seus traballos ata o 28 de febreiro