Pasar al contenido principal

Virus informático infecta ordenadores de hospitais públicos de C. e León

Imáxe simbólica dun pc atacado por virus

O director xeral de Desenvolvemento Sanitario, Jesús García Cruces, explicou en declaracións a Efe que "é un virus especialista en redes de alta capacidade" e que "afectou a toda a rede do Sacyl aínda que os efectos foron mínimos porque se actuou rapidamente".

"Os técnicos detectaron que a rede ía máis lenta esta madrugada pero aplicaron o protocolo de ataque de xeito inmediato, polo que non se produciu ningún parón", manifestou o director xeral de Desenvolvemento Sanitario.

Jesús García Cruces pediu desculpas a todos os afectados, aínda que insistiu en que "a única consecuencia é" que os ordenadores foron máis lentos do normal".

"Non cremos que sexa un ataque intencionado, pero é un virus perigoso porque é moi mutante", explicou o responsable.

Os técnicos rematarán hoxe a instalación en todos os ordenadores do antivirus e dun "parche" ou sistema para impedir que se volva producir o problema.

Conficker, que tamén se coñece como Downup ou Kido entre outras denominacións, é un verme informático que fixo a súa aparición a finais de 2008 e que ataca a sistemas operativos como o Windows de Microsoft.