Pasar al contenido principal

O hipersector TIC tivo un crecemento cero en 2008

Imaxe que representa ás tecnoloxías da información

Segundo o informe anual da Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías de información e Telecomunicacións de España (AETIC), o hipersector TIC (o que unifica a electrónica, as tecnoloxías da información e as telecomunicacións) facturou en 2008 practicamente o mesmo que en 2007, é dicir, rexistrou un crecemento cero que non se daba dende 1992.

Como publica Channel Insider, o estancamento deste segmento do mercado débese a caída do 15% producida na electrónica de consumo. O motivo, segundo Jesús Banegas, presidente de AETICl, foi que "a transición dende os raios catódicos ata as pantallas planas xa está esgotada", xunto coa propia madureza do mercado dos DVD e das cámaras dixitais. A pesar de todo, a asociación sinalou que o futuro deste subsector se enfoca na TDT e na radio dixital.

Non obstante, as Tecnoloxías da Información foi o segmento que máis creceu en 2008 (un 4% respecto ao ano anterior), o que supuxo o 17% do hipersector TIC. Nesta rama, os servizos informáticos foron os que lograron os maiores ingresos, seguidos do hardware.

Os servizos de Telecomunicacións creceron un 1%, xerando o 44% dos ingresos totais do hipersector, sobre todo avalado pola venda de móbiles.

"Tocaremos fondo, recuperarémonos e teremos un papel fundamental porque é un dos sectores máis importantes da economía e cunha grande enerxía potencial para seguir crecendo", dixo Banegas.

O directivo apelou ao Goberno para lograr máis axudas de carácter regulatorio por parte das institucións, como as medidas para incentivar o investimento privado e o funcionamento correcto do Plan Avanza.