Pasar al contenido principal

O Grupo Socialista presenta novas Proposicións de Ley de creación dos Consellos Xerais

Logotipo do CCII

Despois de transcorridos más de tres anos desde que os colexios de enxeñaría en informática solicitasen ao Goberno que procedese á creación do Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñaría en Informática, baseándose na ley 2/1974 que no apartado 4 do artigo cuarto dí "Cuando estén constituidos varios Colegios de la misma profesión de ámbito inferior al nacional existirá un Consejo General", a principios de xaneiro deste mesmo ano, o Grupo Parlamentario Popular presentaba as correspondentes Proposicións de Ley.

Agora, dous meses e medio máis tarde, o Grupo Socialista ven de presentar unhas novas proposicións que deixan desconcertado ao CPEIG. Máis aínda cando a data de presentación das mesmas coincide exactamente coa data na que expiraba o prazo que o Regulamento da Cámara estipula para que o Goberno presentase alegacións no caso de que as proposicións afectasen aos Presupostos Xerais do Estado.

No canto de dar apoio ás proposicións presentadas polo Grupo Popular e que xa levan dous meses de trámite, o Grupo Socialista presenta unhas novas cuia única diferenza se atopa na eliminación da seguinte disposición transitoria:

"En el plazo de seis meses el Gobierno procederá a la modificación del Real Decreto 1029/2002, de 4 de octubre, por el que se establece la composición y el régimen de funcionamiento del Consejo Asesor de las Telecomunicaciones y de la Sociedad de la Información, para garantizar una presencia justa y ecuánime de los Colegios Profesionales de Ingeniería en Informática."

O que o CPEIG, á espera de recibir explicacións acerca desta maniobra política, interpreta como moi negativo xa que o único que fan estas novas propostas é eliminar algo que se considera irrenunciable ao mesmo tempo que dilatan o trámite das xa presentadas anteriormente.