Pasar al contenido principal

Detido un 'cracker' que acosa a famosos

Hacker, cracker

O ciberdelincuente roubou contrasinais de correos electrónicos e contas bancarias de máis de 1.000 persoas, preferentemente coñecidos seus pero tamén políticos, xornalistas, escritores, médicos e avogados, algúns deles moi famosos, segundo sinalaron en fontes da Garda Civil.

O cracker (como se coñece o pirata informático que ten fins delituosos), de 41 anos, é licenciado en Documentación e foi profesor da Universidade de Cádiz, e podería padecer un trastorno psiquiátrico. Non perseguía roubar diñeiro, senón que buscaba información persoal sensible á vítima co fin de extorsionala, ou causarlle unha molestia como dalo de baixa na compañía eléctrica ou telefónica.