Pasar al contenido principal

O Goberno regulará a profesión de "Maestro Fallero"

Símbolo do CPEIG

Se o agravio comparativo que viñan sufrindo ata o momento as enxeñarías en informática, por ser as únicas que non teñen regulada a súa profesión, agora o Goberno engade un desprezo máis cara a este colectivo ao presentar o grupo parlamentario socialista no Congreso dos Deputados en Madrid unha proposición non de lei pola que se insta a regular a profesión dos artistas falleros e dos foguerer dentro da Formación Profesional, segundo publica o diario El País.

Resulta moi difícil entender que o Goberno rexeite falar de regulación das enxeñarías en informática esgrimindo argumentos como que "a informática é transversal e por tanto non convén regulala" ou que "Europa non desexa un escenario de excesiva regulación" e ao mesmo tempo defenda que se debe regular o oficio de maestro fallero para defendelo da ameaza que supón o derroche de luminotecnia, casetas e ocio nocturno.