Pasar al contenido principal

O CPEIG ofreceu unha charla sobre o uso seguro das redes sociais para as nenas e nenos ingresados no CHUS

Charla CHUS

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizou o pasado luns, 25 de marzo, unha charla sobre o uso seguro das redes sociais para as nenas e nenos ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

A charla, organizada en colaboración coa Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia (ASANOG) na Aula Hospitalaria do CHUS, foi impartida polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez.