Pasar al contenido principal

O CPEIG colabora na xornada "Ciberseguridade en Galicia: perspectiva e visión de futuro" que organiza Nodo Ciber.gal

Xornada Ciberseguridade en Ourense

O vindeiro 13 de xuño celebrarase a xornada "Ciberseguridade en Galicia: perspectiva e visión de futuro" no campus de Ourense. O nodo ciber.gal organiza esta sesión na Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense para tratar cuestións de actualidade e tendencias en ciberseguridade. Haberá obradoiros en modalidade presencial e charlas que poden seguirse tamén en liña. 

A xornada está organizada polo Nodo CIBER.gal no marco do Encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal, e colaboran de xeito activo na súa coorganización a propia Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense (ESEI) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).  O obxectivo é achegar aos asistentes o forte atractivo deste sector para fomentar a creación de talento especializado, trasladarlle as oportunidades reais que supón especializarse neste eido e que poidan coñecer de primeira man o día a día dun profesional adicado á materia.

Máis información e inscricións: https://ciberseguridadegalicia.gal/gl/cibergal/eventos/xornada-ciberseguridade-en-galicia-perspectiva-e-vision-de-futuro