Pasar al contenido principal

A análise a proba electrónica na xustiza, co charla online da maxistrada galega Ana Isabel Cabido

tres14 xustiza

Este espazo de networking e debate tres14.pm, organizado polo CPEIG e a Amtega, celebrouse o 28 de outubro ás 15 horas

O 29 de outubro foi a quenda para falar da transformación dixital na Sanidade galega, co subdirector de Sistemas e Tecnoloxías da Información do Sergas, Benigno Rosón

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizaron o xoves 28 de outubro un novo espazo de networking e debate  tres14.pm. Este programa difúndese desde o Centro GaiásTech, inaugurado este ano na Cidade da Cultura, e que se configura como o elemento central e coordinador do ecosistema dixital de Galicia e da súa relación co resto da economía galega na procura dunha competitividade duradeira e xerando espazos de integración e inclusión dixital e de desenvolvemento persoal do noso talento dixital. 

O programa conta con espazos de networking, de debate, opinión e coñecemento, invitando a expertos en distintas materias para que realicen unha exposición seguindo un programa específico no que reflectirán, en catorce minutos, tres principios sobre dita temática de cara a establecer un coloquio posterior cos participantes. 

O taller versou sobre “A proba electrónica na xustiza”, e estivo impartido polo maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui, Ana Isabel Cabido. Celebrouse por streaming ás 15:00 horas. 

Ana Isabel Cabido é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago (USC) coa cualificación de Premio Extraordinario Fin de Carreira. Accedeu á carreira xudicial por oposición no ano 2011, sendo o seu primeiro destino o Xulgado de Instrución número 2 de Vigo. Posteriormente exerceu as súas funcións no Xulgado especializado en Produtos Bancarios, Preferentes e Subordinadas, creado en Vigo no ano 2014 para atender as numerosas demandas relativas a estes produtos. Por concurso de xuíces accedeu no ano 2015 ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui, onde ascendeu categoría de maxistrada en novembro de 2020 e no que permanece na actualidade.

O venres 29, tamén por streaming ás 15 horas, celebrouse a xornada “Os novos fondos europeos e a súa aplicación na estratexia de transformación dixital da Sanidade Galega” que impartiu o Subdirector de Sistemas e Tecnoloxías da Información do Sergas, Benigno Rosón.

O programa tres14.pm forma parte dunha ampla axenda que a AMTEGA está a promover desde o centro Gaiástech, onde a tecnoloxía convertese no vector do cambio das nosas organizacións que poden dar respostas innovadoras e cun alto valor engadido ás demandas da nosa sociedade. Para coñecer a axenda de actividades pódese facer accedendo portal dixital https://gaiastech.xunta.gal

Máis información das actividades e inscricións:  
-https://gaiastech.xunta.gal/gl/actividades/tres14-proba-electronica-na-xustiza
-https://gaiastech.xunta.gal/gl/actividades/tres14-os-novos-fondos-europeos-e-sua-aplicacion-na-estratexia-de-transformacion