Pasar al contenido principal

Celebración da Asemblea Xeral do CPEIG

Asemblea Xeral 2019

O pasado 18 de xuño o CPEIG convocou a Asemblea Xeral de 2019 na Sala de conferencias na Sede Afundación de Santiago de Compostela. O presidente, Fernando Suárez, presentou o informe sobre o estado actual do Colexio e as actuacións realizadas durante o período 2018-2019. Destacou a exclusión da profesión do Consello Galego de Enxeñerías de Galicia, e apuntou que a institución profesional continua loitando polo recoñecemento da profesión de Enxeñaría en Informática. Ademais, aprobouse a memoria anual de actividades e as contas de 2018, e tamén os orzamentos propostos pola Xunta de Goberno para o presente ano e a cota de precolexiación (60 euros anuais).