Pasar al contenido principal

Curso Superior de Administración Electrónica 2022

O presidente de Alastria e CEO de Add4U, Miguel Ángel Domínguez, ofreceu unha conferencia maxistral onde analizou o papel das tecnoloxías disruptivas destinadas a resolver problemas tradicionais do sector público

Inauguraron a décimo segunda edición do Curso Superior de Administración Electrónica que se impartirá ata o 25 de outubro na EGAP

Mobile Week Ourense 2022

Do 15 ao 18 de setembro, Mobile Week Ourense continúa loitando contra as brechas dixitais, con especial foco en xerar interese pola tecnoloxía na poboación rural, os maiores e outros colectivos con risco de quedarse atrás na transición dixital. 

Fotos e vídeo A NOITE 2022

Xa está dispoñible na web da XIV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia do CPEIG a FOTOGALERÍA da gala do pasado 1 de xullo.

A NOITE 2022

Fernando Suárez, presidente: “Como sociedade, debemos pelexar por defender os valores nos que cremos, a liberdade, a solidariedade, a cooperación, a unidade, a ética e o feito incuestionable de que son as persoas as que deben estar no centro de todo”

Celebrou hoxe a súa gala A NOITE en Santiago e entregou os premios anuais da profesión ante máis de 350 convidados

ANOITE 2022

O evento estará presentado polo humorista e imitador Raúl Pérez, que ofrecerá un monólogo ao auditorio, e contará coa actuación do dúo Queen Forever Tribute

Curso Superior de Administración Electrónica

 

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convocan unha nova edición do Curso Superior de Administración Electrónica que terá lugar en modalidade mixta (presencial e teleformación) entre o 13 de setembro e o 25 de outubro.

Bernardo Quintero

É o promotor do primeiro Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Google para Europa, que se inaugurará a mediados de 2023 en Málaga

Recollerá a distinción na gala da XIV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebrará este venres 1 de xullo en Santiago

Premio TFM

Os outros finalistas foron Daniel Pena, que desenvolveu un sistema para facilitar a compra online en supermercados a través do móbil,  e José Morano, autor dunha ferramenta ferramenta web de apoio ao diagnóstico de patoloxías oculares

O premio entregarase na XIV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia este venres 1 de xullo no Hotel Oca Puerta del Camino en Santiago

Premiados ODS

Reciben o Premio Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, unha nova distinción que creou o Colexio para visibilizar a faceta social e transversal da tecnoloxía empregada por estas organizacións

Recollerán a distinción na gala da XIV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebrará o 1 de xullo en Santiago

Programas #IMPACT

Procuran a inserción laboral en empresas ordinarias dos sectores da ciberseguridade, cloud computing, programación SAP/ABAP, Big Data, Intelixencia Artificial, soporte IT e análise de datos

O director da Fundación GoodJob, César López, e o director académico dos programas #IMPACT, Román Ramírez, recollerán a distinción na gala da XIV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebrará o 1 de xullo en Santiago