Pasar al contenido principal

Día das Rapazas nas TIC 2024

A cativada percorrerá o traxecto entre o CESGA e o CiTIUS, cun camiño teatralizado da man de Ada Lovelace, considerada a primeira programadora 

As tecnólogas Antía Fernández, Lorena Fernández, Olalla Rama e Noemí Basanta compartirán cos estudantes as súas experiencias profesionais nunha multiconferencia que se retransmitirá por streaming para centros escolares de toda Galicia

A xornada, que se celebrará o día 25 de abril, está organizada polo CPEIG, o CESGA, a Secretaría Xeral da Igualdade e o CiTIUS

Equipo gañador do concurso

Os equipos gañadores en cada unha das tres categorías (un da USC e dous da UDC), representarán a Galicia no certame nacional que se celebrará en xullo en Madrid

A proba, que se celebrou o venres pasado nos tres centros universitarios de informática de Galicia, estivo organizada polo CPEIG, o CITIC e as tres universidades galegas, ademais de contar nesta terceira edición co patrocinio de máis dunha ducia de empresas tecnolóxicas

Diego Cid

A empresa galega CQe-Solutions consegue o recoñecemento 'Empresa éTICa' nos Premios Nacionales de Ingeniería Informática, convocados polo Consejo General de Ingeniería Informática de España (CCII).

Concurso Ada Byron

A proba está organizada polo CPEIG, o CITIC e as tres universidades galegas, ademais de contar nesta terceira edición co patrocinio de máis dunha ducia de empresas tecnolóxicas

IoT

Recoñece que os usuarios non están actualizados en canto aos riscos e teñen exposta a súa privacidade e información,  polo que recomenda o asesoramento de expertos en ciberseguridade

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) examina as vantaxes e os problemas de seguridade que poden causar os dispositivos IoT con motivo do Día Internacional da Internet das Cousas que se celebra mañá martes, 9 de abril.

V Foro Rexional de ISMS Forum Galicia

O Capítulo Galego de ISMS Forum organiza a quinta edición do Foro Rexional de Galicia o vindeiro 11 de abril no Auditorio de Abanca en Vigo (Av. García Barbón, 1-3). O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, participará no evento moderando unha mesa de debate sobre fraude.

Máis información e inscricións: https://www.ismsforum.es/evento/760/v-foro-regional-de-isms-forum-galicia
 

Charla CHUS

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizou o pasado luns, 25 de marzo, unha charla sobre o uso seguro das redes sociais para as nenas e nenos ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

A charla, organizada en colaboración coa Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia (ASANOG) na Aula Hospitalaria do CHUS, foi impartida polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez.

OIE 2024

Fernando Suárez, presidente do CPEIG: “É unha honra recibir na Coruña ao talento que marcará o futuro da innovación e o progreso do noso país”

Esta fin de semana celebrouse en Sevilla a edición deste ano, onde os galegos Pedro Rey e Hugo Domínguez recibiron un diploma pola súa participación

XV Premio TFM

•    O prazo de candidaturas estará aberto ata o 21 de abril

•    O gañador recibirá 1.000 euros, e os tres finalistas un ano de colexiación gratuíta

A entrega da distinción terá lugar na gala da XVI Noite da Enxeñería en Informática que celebrará o Colexio o vindeiro 21 de xuño en Santiago

XVI NOITE CPEIG

Reuniranse uns 350 convidados entre profesionais de empresas TIC, corpo colexial e autoridades, coa finalidade de visibilizar a profesión de enxeñaría en informática