Pasar al contenido principal

Profesores de informática denuncian a precariedade do ensino de TIC en España

Imáxe simbólica da educación

Os docentes criticaron nunha intervención na comisión de Peticións da eurocámara o feito de que as materias non teñan carácter obrigatorio e que, ao non se definir a atribución exclusiva ao profesorado especialista, na maioría dos casos non sexa este profesional o encargado de impartir os contidos.

"Consideramos un erro que o Ministerio de Educación non dera carácter obrigatorio á materia de Informática de 4º de ESO e que non incluíra a materia de Tecnoloxías da Información e a Comunicación nunha das modalidades do bacharelato", sinalaron.

Ademais, os profesores cren que é un "gravísimo erro" e unha "fraude ao alumnado" que en España se atribuíran as materias de TIC a especialidades diferentes como informática, tecnoloxía e matemáticas.

Os docentes interviñeron ademais ante os eurodeputados para volver pedir á Comisión Europea (CE) a corrección dun informe de 2004 sobre a situación do ensino das TIC en Europa que, ao seu xuízo, non reflicte a realidade no caso de España. EFE mvs/sc