Pasar al contenido principal

Nace o Foro CIOs Galiza 2023

Foro CIOs Galicia

●    O Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia e CIONET, a maior comunidade de líderes dixitais de Europa, poñen en marcha o Foro CIOs Galiza 2023 con ánimo de converterse no foro de debate recorrente de líderes dixitais da Comunidade.

●    O foro, que se celebou o 26 de outubro en Santiago de Compostela, conta co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia dependente da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia no marco das accións do convenio de colaboración entre a Axencia e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia.

●    O encontro, coa participación de CIOs e líderes dixitais, está dirixido aos directivos do ecosistema dixital galego constituíndo, ademais, na 1ª Sesión de Foro CIOs Galicia, un espazo de debate con ánimo de continuidade para os principais CIOs e C-Level tecnolóxico da rexión.

●    CIONET Iberoamérica, a maior comunidade de líderes tecnolóxicos de Europa e Iberoamérica que acumula unha longa traxectoria nos principais mercados, sitúase como a plataforma máis diferencial de Europa centrando a atención no desenvolvemento profesional e liderado dos seus membros proporcionándolles un espazo de relacións entre membros de diferentes países e comunidades continuas e en profundidade.

O Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia e CIONET, a maior comunidade de líderes dixitais de Europa, inician o Foro CIOs Galicia 2023 coa intención de converterse no espazo de debate recorrente de líderes dixitais de Galiza. Este encontro nace do marco das accións do convenio de colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e o 26 de outubro, no Hotel Oca Puerta del Camino (Santiago de Compostela), celebrouse este Foro CIOs Galicia 2023 para tratar cuestións tecnolóxicas e desafíos das tecnoloxías da información co obxectivo de construír un espazo de reflexión e aprendizaxe de boas prácticas e coñecemento compartido.

O encontro, coa participación de CIOs e líderes dixitais, está dirixido ao persoal directivo do ecosistema dixital galego constituíndo, ademais, na 1ª Sesión de Foro CIOs Galiza, un espazo de debate con ánimo de continuidade para os principais CIOs e C-Level tecnolóxico da rexión, do mesmo xeito que, dende hai varios anos, funcionan os demais foros de CIONET en Europa (Madrid, Barcelona, Bruxelas, Berlín, Varsovia, Londres, Milán, Roma, Amsterdam, Múnich, Sevilla, Málaga, entre outros), pódense aportar reflexións relevantes e de impacto en torno á tecnoloxía.

Fernando Suárez comenta que o foro xorde para establecer un punto de encontro entre profesionais TIC para que poidan compartir experiencias e coñecementos e falar de cales son os retos no ámbito da xestión das tecnoloxías da información en diferentes temáticas: transformación dixital, seguridade, tendencias tecnolóxicas emerxentes, ou os desafíos na xestión e capacitación do persoal. “O obxectivo é que o foro sexa un punto de encontro permanente no tempo, coa idea de celebrar varias xornadas abertas durante o ano para que poidan participar empresas referentes” –destaca–.

Durante o encontro, celebrouse un simposio sobre tecnoloxía e prioridades dixitais baixo o título “Navigating the Digital Era” onde se exploraron cuestións relacionadas coas prioridades da administración pública, os desafíos aos que se enfrontan os CIOs no ecosistema dixital actual, os modelos organizativos a partir da experiencia de Abanca nos seus procesos de integración, a utilización da tecnoloxía para a descuberta do talento e os avances en transformación dixital, entre outros.

O Foro CIOs Galicia contou coa apertura institucional por parte de Julián Cerviño Iglesia, Director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, á que se sumaron as intervencións de Fernando Suárez Lorenzo, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e de Bruno Méndez Rodríguez, CEO de CIONET España e Latinoamérica así como a participación de destacados líderes dixitais que aportarán a súa experiencia e coñecemento na identificación das mellores prácticas en tecnoloxía aplicada.

Nas palabras de Bruno Méndez, “en CIONET, recoñecemos a importancia de promover a colaboración e o intercambio de coñecementos entre os líderes de tecnoloxía da información en toda España. En Galicia, como en moitas outras rexións, hai un grupo talentoso de CIOs e directivos de tecnoloxía que desempeñan un papel fundamental na transformación do ecosistema empresarial galego e, por este motivo, este Foro CIOs Galicia representa o noso compromiso firme de incorporar este espazo de debate á oferta que despregamos por toda a xeografía española (Madrid, Barcelona, Sevilla, Valencia, Oviedo, Bilbao, Valencia). Incorporando a Santiago de Compostela, e no futuro outras localizacións como A Coruña e Vigo, establecemos un foro de debate en Galicia que conectará coa comunidade nacional aproveitando o potencial que nos ofrece CIONET a nivel internacional”.

“En CIONET estamos comprometidos en facilitar esta iniciativa e traballar en estreita colaboración co Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia e agradecemos enormemente o apoio da Xunta de Galicia e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia na creación deste foro. Co esforzo da administración pública, o colexio profesional, a sociedade civil e as organizacións comprometidas, a través dos seus CIOs e Directivos de Tecnoloxía, aseguramos que este foro sexa un catalizador efectivo para o intercambio de coñecementos e a innovación no ámbito da tecnoloxía da información”, conclúe Bruno Méndez, CEO de CIONET España.