Pasar al contenido principal

A Comisaria de Telecomunicacións da Unión Europea, Viviane Reding, aposta pola Neutralidade da Rede

Comisaria da UE. Viviane Reding

Ante a inoperancia dalgúns reguladores nacionais, entre eles o Secretario de Estado para as Telecomunicacións español, D.Francisco Ros, á hora de controlar os abusos das operadoras de Telecomunicacións, tivo que ser a Comisaria Europea de Comunicacións, Viviane Reding, a que poña no seu sitio a estas empresas para obrigalas a respectar un principio básico como é a Neutralidade da Rede.

A Unión Europea está preparando liñas de actuación vinculantes para que os operadores móbiles permitan que servizos de voz por IP (VoIP) como Skype funcionen nas súas redes celulares. A Comisaria de Telecomunicacións da Unión Europea. Viviane Reding declarou que esta "acción" debería tomarse contra as operadoras que usen o seu poder de mercado para bloquear "servizos innovadores".

A decisión dos operadores móbiles en toda Europa de evitar que as aplicacións de VoIP usen as vantaxes das conexións tradicionais de redes celulares tocou un nervio na Unión Europea. Un artigo publicado polo rotativo alemán Handelsblatt declara que a Unión Europea. xa preparou un borrador que abriría os teléfonos intelixentes aos servizos de VoIP. Con todo, "a redacción non é tan clara como á Unión Europea lle gustarí que fose", dixo a publicación.

Agora mesmo, cada país da Unión Europea debe decidir como tratar os servizos de Internet bloqueados. A Comisaria de Telecomunicacións Viviane Reding pediu recentemente a estes países que emprendesen accións legais contra as compañías que usasen o seu poder de mercado para bloquear "servizos innovadores". Handelsblatt dixo tamén que a decisión de Deutsche Telekom de bloquear a VoIP pode impulsar á Unión Europea a examinar posibles cargos antimonopolio contra a operadora. T-Mobile USA é filial de Deutsche Telekom.

A VoIP sempre foi un asunto delicado coas compañías de telecomunicacións tradicionais -primeiro a telefonía fixa e agora estamos vendo un escenario similar, aínda que moito máis dramático, no campo da telefonía móbil. O feito de que dispositivos como o iPhone e o G1 estean atados a tarifas móbiles planas permitiría aos usuarios realizar chamadas telefónicas moito máis baratas a través da rede de datos do operador e de servizos como Skype, sorteando así as chamadas pola rede celular e plans de voz moito máis caros.