Pasar al contenido principal

Comunicado do colexio en relación co resultado obtido no Senado e as movilizacións do 19N

O día 12 no Senado produciuse un feito histórico para todos/as os/as Enxeñeiros/as en Informática: por primeira vez logramos que se considere a nosa situación de inxustiza e a administración vixente comprometeuse a tomar cartas no asunto.

Pero non nos equivoquemos, este é un éxito relativo. O acadado no Senado é máis unha victoria moral que práctica. A declaración do Senado insta ao Goberno para que tome medidas concretas para resolver a situación da nosa profesión, medidas que a día de hoxe non están definidas nin en contido nin en prazos temporais. 

Queda moito por facer e o próximo día 19N temos que demostrar esa imaxe de unidade, de forza e de capacidade de loita que acadou que o Goberno adiantase a reunión do Senado do día 28N ao día 12N, e que considerase as nosas posturas. 

Somos unha enxeñaría, quizais unha das poucas na que a palabra "enxeño" que dá nome á nosa profesión segue tendo vixencia no día a día. Temos que lograr recoñecemento e atribucións, non só por nós mesmos/as, senón pola responsabilidade que como enxeñeiros/as temos co resto da sociedade.

Estamos ante un momento histórico, imos a logralo, pero necesitamos a unidade e a colaboración de todos/as. 

¡¡Agora é o momento!!