Pasar al contenido principal

Sabela Giz Castro, de Lugo, gaña o concurso de postais de Nadal do CPEIG

Postal de Nadal 2022

O debuxo desta rapaza de 10 anos será a postal institucional coa que o Colexio felicitará as festas

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) fallou o undécimo Concurso de Postais de Nadal 2022. O xurado do certame acordou, por unanimidade, elixir como postal oficial do CPEIG o debuxo de Sabela Giz Castro, que participou na categoría A dirixida a nenos en nenas de entre 3 e 12 anos.  

A postal de Sabela, unha rapaza de 10 anos de Lugo, foi presentada polo seu pai, o colexiado Antonio Giz. O debuxo é un Papá Noel representado e rodeado duns gatiños, a mensaxe navideña de Bo Nadal! na pantalla dun portátil, unha árbore de Nadal e unha galleta de xenxibre tamén ataviada con motivos navideños. De agasallo a rapaza recibirá unha tablet.

O traballo de Sabela será a postal oficial coa que o CPEIG felicitará as festas do Nadal este ano, acompañada da lenda: Recibe os nosos mellores desexos para este Nadal e o novo ano 2023 que comeza.

A categoría B do certame, para rapaces de entre 13 e 18 anos, quedou deserta.