Pasar al contenido principal

Curso sobre o manexo da metodoloxía Agile

Curso Agile

A empresa de desenvolvemento de software ASPgems organiza un curso online, a través da plataforma NeuroK baseada en principios da neurodidáctica, sobre “Introdución a Agile: principios e cerimonias” que comezará o 5 de outubro cunha duración estimada de seis semanas.

O curso está dirixido a principiantes, desde desenvolvedores en calquera nivel a cargos directivos que desexan descubrir o potencial de Agile.  Os participantes aprenderán a identificar e examinar os valores e principios do Manifiesto Ágil, listar os artefactos de Scrum e avaliar para que serven e como se relacionan, identificar roles e eventos en Scrum e relacionar Scrum e mellora continua.

A data máxima de inscrición será ata o 28 de setembro. Máis información para inscricións no CPEIG.