Pasar al contenido principal

Agestic finalista dos premios fundetec

Logotipo de Agestic

A Asociación Galega de Empresas Tic, resultou finalista na categoria de Mellor Proxecto de Entidade No Lucrativa destinado a Cidadáns dos prestixiosos premios FUNDETEC que se entregarán en Madrid o proximo día 12 de febreiro nunha cerimonia presidida polo Secretario de Estado de Telecomunicacións do Mityc, Francisco Ros Perán.

Os premios FUNDETEC son os mais importantes de España para recoñecer o traballo de asociacións, entidades publicas e privadas no area das Tic e de Internet e para AGESTIC Galicia e un orgullo como único representante galego na final destes prestixiosos Premios.

O Proxecto de AGESTIC denominado NIN MAIS NIN MENOS, executado dentro do Plan Avanza orientado á participación das mulleres emprendedoras e autónomas no uso das Tic como ferramenta empresarial para a mellora da competitividade, a eficacia e a igualdade de xénero, competiu con con outros 41 proxectos dos que só 3 foron seleccionados como finalistas e entre os que o Xurado comunicará o premio a un deles no acto do 12 de febreiro en Madrid, neste proxecto colaboraron con AGESTIC, a Federación Galega de Autónomos, FEAGA e a Obra Social de CAIXA GALICIA.

FUNDETEC é unha Fundación promovida polo Ministerio de Industria e a Entidade pública Red.es, que conta como patróns a importantes empresas como Telefónica, Intel, HP, El Corte Inglés e Caixa Madrid, que premia anualmente as mellores iniciativas para estender a Sociedade da Información en España.

Un total de 82 proxectos presentáronse como candidaturas á IV edición dos Premios Fundetec (13 máis que na edición anterior), o obxectivo da cal é recoñecer aquelas iniciativas que fomentan o desenvolvemento da Sociedade da Información, o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e a redución da brecha dixital en España.

Os proxectos presentados proceden de 15 das 17 comunidades autónomas, sendo os máis numerosos os procedentes da Comunidade de Madrid (25), seguidos de Cataluña (12), Andalucía e Castilla e León (10 cada unha), Galicia (4), Principado de Asturias, Castilla-La Mancha, Comunidade Valenciana e País Vasco (3 cada unha), Aragón, Navarra e Rexión de Murcia (2 cada unha), Canarias, Extremadura e La Rioja (1 cada unha).

Os Premios Fundetec 2008 constan de catro categorías:

  • Mellor Proxecto de Entidade Pública ou privada destinado a Cidadáns.
  • Mellor Proxecto de Entidade Pública ou privada destinado a Pymes, Micropymes e Autónomos.
  • Mellor Proxecto de Entidade No Lucrativa destinado a Cidadáns.
  • Mellor Proxecto de Entidade No Lucrativa destinado a Pymes, Micropymes e Autónomos.

O maior número de candidaturas recibidas corresponde á categoría de Entidades Non Lucrativas direxidas a Cidadáns (41), entre as que destacan iniciativas destinadas a persoas maiores, persoas con discapacidade, mulleres e todo tipo de colectivos sociais, que é onde está nominada como finalista AGESTIC.

A continuación, pero a certa distancia, sitúanse os proxectos de Entidades Públicas ou privadas dirixidos a Cidadáns (20), os de Entidades No Lucrativas dirixidos a Pymes, Micropymes e Autónomos (15) e, por último, os Proxectos de Entidades Públicas ou privadas dirixidos a Pymes, Micropyes e Autónomos (6). chegar á final, significa un grande triunfo como Asociación representativa das empresas Tic de Lucrativas dirixidos a Cidadáns (41), entre as que destacan iniciativas destinadas a persoas maiores, persoas con minusvalidez, mulleres e todo tipo de colectivos sociais, que é onde esta nomeada como finalista.