Pasar al contenido principal

Nota de prensa do CCII: O caos dos erros informáticos e o Goberno mirando para outro lado

  1. O Concello de Barcelona mantivo durante sete meses de 2006 un erro informático que lle permitiu recadar máis polas autoliquidacións dos cidadáns.
  2. Un fallo de seguridade pon ao descuberto datos confidenciais dos clientes de Vodafone.
  3. O goberno ZP está a condenar ao país a un atraso tecnolóxico que será difícil recuperar no futuro.
  4. O Goberno desregulou os estudos de Enxeñaría Informática, o cal terá unha transcendental importancia na competitividade tecnolóxica de futuro.

Segundo informan diferentes medios de comunicación, onte déronse a coñecer dous graves erros de sistemas informáticos:

  1. Por unha parte, o Concello de Barcelona mantivo durante sete meses de 2006 un erro informático que lle permitiu recadar máis polas autoliquidacións dos cidadáns. "A aplicación informática posta a disposición dos contribuíntes para formalizar as autoliquidacións do Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana a través de Internet (autoliquidacións asistidas) contiña un erro na fórmula destinada a calcular o importe dos intereses de demora extemporáneos", sinala un informe da Sindicatura de Contas, o Tribunal de Contas catalán.
  2. E por outra parte, un fallo de seguridade puxo ao descuberto datos confidenciais dos clientes de Vodafone, o erro no sistema de seguridade permitiu que uns 8.000 clientes de Vodafone cruzasen datos confidenciais á hora de realizar consultas online relativos a datos.

E mentres cada semana (neste caso dous nun día) almorzamos con erros informáticos deste calado, o Goberno de Rodríguez Zapatero, négase a afrontar este problema regulando o exercicio profesional da informática e permitindo que estes erros queden impunes profesionalmente falando, o cal é tanto como amparar os profesionais neglixentes e incentivar a baixa calidade do exercicio profesional na construción de sistemas informáticos.

Lonxe de afrontar este problema, o Goberno ZP descende de categoría os estudos universitarios de enxeñaría informática, menosprezando a súa importancia, ao ser a única enxeñaría importante que pasa a estar desregulada, xa que, o último Consello de Ministros do ano aprobou as fichas das demais enxeñarías e non así a da Enxeñaría Informática.