Pasar al contenido principal

Renovación dun convenio de colaboración coa Universidad Europea

Renovación do convenio coa Universidad Europea

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) acaba de renovar un convenio de colaboración coa Universidad Europea para o período 2022/ 2023, unha sinatura que engloba acordos específicos coa Universidad Europea de Madrid, o Centro Profesional Europeo de Madrid, a Universidad Europea de Valencia, o Centro Profesional Europeo de Valencia e a Universidade Europea de Canarias. 

O obxecto deste convenio é facilitar o acceso das/os colexiadas/os do CPEIG que estean interesadas na oferta de estudos de Formación Profesional, Grao e Posgrado da universidade para o desenvolvemento da súa carreira profesional no curso académico 2022/ 2023.