Pasar al contenido principal

O CPEIG organiza un curso de protección de datos con Data Privacy Institute de ISMS Forum

Curso proteccion datos

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizará, en colaboración con Data Privacy Institute (DPI) de ISMS Forum, o “Curso de Especialización en Protección de Datos – CEPD”.

Celebrarase do 1 ao 28 de outubro na modalidade online, a través de Aula Virtual, de luns a xoves en horario de 16:00 a 21:00 horas. 

Serán 60 horas de duración divididas en 15 sesións. Ten unha proposta económica atractiva froito desta colaboración, cun prezo de 750 euros por alumno e coa posibilidade de realizar exame de certificación posteriormente en Galicia (formación adaptada ao esquema de certificación de DPD da Agencia Española de Protección de Datos e actualizado segundo a nova LOPD-GDP.