Información xeral sobre o curso "Peritaxe xudicial informático. Un enfoque práctico"
Dentro do Programa de Formaciónn do CPEIG para o ano 2010 incluímos a realización dun curso práctico sobre pertitaxes informáticas. Este curso está especialmente dirixido aos/ás membros do Corpo Oficial de Peritos (COP) do CPEIG, co obxectivo de mellorar a formación dos/as nosos/as peritos.
Grazas ao enfoque práctico (incluída a simulación dun xuízo), este curso é especialmente interesante para todos/as aqueles/as peritos noveles que aínda non realizaron a súa primeira peritaxe e para aqueles/as que aínda que non pertencen neste momento ao COP, teñen intención de formar parte del no futuro.
Para aqueles/as outros/as peritos que gozan de máis experiencia, trátase dun curso para mellorar a súa formación da man dun poñente de ampla traxectoria.
Este curso non dará acceso ao Corpo Oficial de Peritos do colexio.
Programa
Tramitación inicial do caso
Temas obxectivo: Peritaxe, responsabilidade, tacha, etc.
Estudio de encargos de peritaxe e situacións problemáticas.
Adquisición de probas e elaboración da argumentación
Temas obxectivo: A relación coas partes, precaucións na obtención de probas, cadena de custodia, etc.
Consideración de circunstancias anómalas e posibles reaccións.
Redacción do informe
Temas obxectivo: Expresión, argumentación, lógica, límites da peritaxe, etc.
Estudo de diferentes informes periciais e consideración de alternativas en cada caso.
Ratificación
Docentes
Para este curso teremos o pracer de contar coa presencia, unha vez máis, de Eduard Elías, Enxeñeiro en Informática, Perito Informático e membro da Junta do Colegio Oficial de Ingenieros en Informática de Cataluña.
A súa dilatada expeciencia como perito, os seus coñecementos e a súa gran habilidade como comunicador didáctico fan del o poñente perfecto para este curso.
Ao longo da duración do curso darase un interesante repaso práctico a todo o proceso que involve ás peritaxes informáticas, dende o estudo e aceptación dunha oferta ata a ratificación e exposición nun xuizo.
Datas, horarios e lugar de celebración
O curso práctico terá lugar no CENTRO ON Caixa Galicia de Santiago de Compostela (Rúa Nova 33) nas datas e horarios seguintes (cun total de 12 horas):
Ó final do seminario entregarase un diploma oficial do colexio acreditativo da asistencia ao seminario (12h).
Inscrición
Requisitos
Para poder asistir a esta actividade formativa é preciso estar en posesión da titulación de Licenciatura/Enxeñaría en Informática e estar colexiado/a ou aceptar o compromiso de colexiación.
Número de prazas
A actividade formativa está prevista para 40 asistentes. As prazas asignaranse atendendo aos seguintes criterios de preferenza:
Membros do Corpo Oficial de Peritos
Colexiados/as que estén en posesión do título do curso básico de peritaxes.
Colexiados/as que NON estén en posesión do título do curso básico de
peritaxes.
- Persoas con compromiso de colexiación (*).
(*)
Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición,
aquelas persoas non colexiadas, e que estén en disposición de facelo,
poderán comprometerse á colexiación. Este compromiso formalizarase o
primeiro
día do curso presentando a documentación esixida .
No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante,
non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso
de colexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais
para cotexar o mesmo día do inicio do curso.
Cota de inscrición
O importe da cota de inscrición é de 50 €.
A cota será cargada
automáticamente polo colexio na conta corrente do/a colexiado/a.
A comida do día 26 non está incluída na inscrición. A sede do curso está no centro da cidade vella de Santiago, polo que na zona é posible atopar numerosos resturantes.
Procedemento de inscrición
O prazo de inscrición neste curso rematou.
A
inscrición proporciona o dereito de asistencia ao
curso, pero non obrigará ao colexio a devolver o importe ingresado no
caso da non asistencia da persoa admitida no curso.
Así mesmo, no
caso de que o número de asistentes sexa insuficiente, o CPEIG poderá
suspender a actividade formativa. En tal caso o CPEIG
reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas.
Requisitos
complementarios
Na primeira sesión do curso será precisa a identificación
dos/das
alumnos/as inscritos/as por medio do seu DNI.
Aquelas
persoas non colexiadas que asumisen o compromiso de colexiación deberán
presentar na primeira sesión do curso a documentación esixida
para a colexiación.
Será preciso ter asistido ao
75% das horas lectivas do curso. Ao
remate do mesmo farase entrega dun diploma acreditativo a cada alumno/a.
Aloxamento
Para aqueles/as asistentes que o desexen, existirá a posibilidade de pernota na cidade de Santiago de Compostela nas noites da fin semana do curso a través do convenio asinado co Hotel Puerta del Camino. Os detalles deste convenio poden atoparse na sección de servizos do portal do CPEIG.