Como pre-colexiarse

Requisitos para pre-colexiarse

Poderan darse de alta como pre-colexiadas as persoas que estean cursando os estudos de Enxeñaría en Informática e teñan acadado un mínimo do 80 por cento dos créditos.

Dereitos dos/das pre-colexiados/as

Terán todos os dereitos do/da colexiado/a, excepto:

  • Posibilidade de participación en órganos de goberno.
  • Voto nas asembleas.
  • Todos aqueles que para a súa utilización requiran da posesión da titulación e o Colexio poña a disposición dos/das colexiados/as para o desenvolvemento da súa profesión como titulados/as. Todo iso con base ao regulamento interno e ás decisións do goberno do colexio.

Deberes dos/das pre-colexiados/as

  • Terán tamén todos os deberes do/da colexiado/a, excepto aqueles relacionados co desenvolvemento da profesión como titulados/as.
  • Deberán xustificar anualmente e cando o Colexio o requira a continuidade da situación que o/a habilita como pre-colexiado/a.
  • Terán a obriga e notificar, nun prazo dun mes, a baixa da condición que o/a habilita como precolexiado/a

Documentación necesaria

Para pre-colexiarse son necesarios os seguintes documentos:

  1. Fotocopia do DNI ou pasaporte.

  2. Fotocopia compulsada da matrícula nos estudos de Enxeñaría en Informática. A compulsa pode realizarse nalgúns organismos públicos, nun notario, ou a través do servizo gratuíto de cotexo de título que o CPEIG ten en diversas cidades de Galicia. O prezo da compulsa na Xunta de Galicia ronda os 1,5 €.

    Para contactar co servizo gratuíto de cotexo de título do CPEIG pode utilizar os formularios web que se indican a continuación. O servizo de cada unha destas cidades indicaralle o lugar e hora nos cales poderá contactar cun representante do colexio que cotexará a matrícula en cuestión. Así mesmo, tamén poderá aproveitar o momento do cotexo para entregarlle ao representante do colexio toda a documentación de pre-colexiación en lugar de remitila por correo postal ou entregala na sede do colexio.

  3. Fotocopia do certificado de académico no cal se reflicta o número de cŕeditos totais da titulación e os créditos superados polo alumno.

  4. Documento da entidade bancaria onde consten o/a solicitante da colexiación como titular da conta e todos os díxitos da mesma: 4 para o código do banco, 4 para a oficina, 2 para o díxito de control e 10 para a conta corrente. Pode ser calquera tipo de documento bancario que inclúa a información anterior (impreso sacado da web, fotocopia da primeira páxina da libreta, etc). Non é preciso compulsar este documento.
  5. Formulario de pre-colexiación cumprimentado e asinado [descargar].

Cotas de pre-colexiación

A cota de pre-colexiación é de 30€ semestrais (60€ anuais). Segundo acordo da Asemblea Xeral, cada unha destas cotas é integra. Esto quere dicir que independentemente do día do semestre no cal se produza a incorporación ao colexio, a cota cobrarse íntegramente.

A previsión é que os recibos se pasen cada seis meses, un no mes de xaneiro e outro en xullo. Excepcionalmente, durante o ano 2008 os recibos tramitaranse nos meses de abril e setembro.

Onde entregar ou remitir a documentación

Os documentos para a colexiación deben entregarse ou ser enviados por correo ordinario á sede do CPEIG no seguinte enderezo:

Rúa Fernando III O Santo 13 1ºA
Teléfono: 981 592 773 – Fax: 981 553 997
15701 Santiago de Compostela (A Coruña)