Convócanse dúas asembleas xerais do colexio

A Xunta de Goberno do Colexio convoca dúa asembleas xerais que se celebrarán o derradeiro sábado do mes de marzo.

Logo do CPEIG

A primeira asemblea, de carácter extraordinario, ten como finalidade aprobar unha serie de modificacións sobre os estatutos do colexio coa finalidade de adaptalos aos requirimentos da Xunta de Galicia.

A segunda asemblea, de carácter ordinario, céntrase na aprobación das contas, dos orzamentos e das cotas de colexiación.

O sitio web do CPEIG dispón dunha sección específica sobre estas asembleas na cal se poden descargar toda a documentación sobre as mesmas.