O CPEIG insta ao presidente da Deputación da Coruña a deixar de discriminar á Enxeñaría en Informática

Mediante unha carta que apela á necesidade de garantir a profesionalidade do traballo informático nas prazas que convoque a institución.

O Presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez. Presidente do CPEIGFernando Suárez Lorenzo, vén de remitirlle unha carta ao presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda,  na que expresa o  desacordo do colectivo que preside en relación á política de acceso ao emprego que desenvolve a institución provincial.

Na súa misiva, Suárez Lorenzo lémbralle a Fernández Moreda que  o BOP do pasado 13 de xaneiro publicou as bases para contratar un técnico de xestión de proxectos para o proxecto europeo Partner-TIC. As funcións que desempeñará o técnico correspóndense claramente coa Enxeñaría en Informática aínda que as bases inclúen a posibilidade de que se presenten outras titulacións e mesmo que os propio enxeñeiros en enxeñeiras en Informática queden excluídos do proceso de selección.

"Os colexiados do CPEIG demandámoslle a reserva de prazas específicas para a nosa titulación cando así o requiran as necesidades da Deputación da Coruña. Só así quedará garantida a profesionalidade do traballo informático. Pola importancia da actividade, por razóns de seguridade e responsabilidade, resulta preciso que tales funcións sexan desempeñadas por profesionais cualificados e especialmente formados a tal fin", aclara a misiva.

É importante lembrar que un dos obxectivos prioritarios do CPEIG é conseguir o acceso á función pública dos enxeñeiros e enxeñeiras en Informática coas mesmas consideracións có resto das enxeñarías.