Información xeral da mesa redonda "Mesa redonda: Redes sociais, facebook, tuenti…: a cara oculta dos amigos dos meus fillos"

Lugar: Casa das Asociacións Veciñais de Cornes (Santiago de Compostela)

Data: xoves 3 de decembro ás 19.00 horas.

A invitación para asistir pode descargarse ao final deste documento.

Logotipo do CPEIGLogotipo de Traballo en Rede (Barrio de Conxo - Milladoiro)Na mesa redonda, organizada por "Traballo en Rede, Barrio de Conxo - Milladoiro" coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñaría en informática de Galicia, abordaranse temas de transcendencia dende a orixe e alcance actual destas redes sociais, así como a súa repercusión na xuventude e a adición ás mesmas por parte dela.

Redes sociais

Coordinadora da mesa:
  • Dª María Dolores Alvariño Alejandro, Coordinadora de Traballo en Rede e Orientadora do IES Eduardo Pondal de Santiago.

Poñentes:

  • Dª Pilar Bermejo González. Directora da UMAD do Concello de Santiago.
  • D. Fernando Suárez Lorenzo. Presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.

  • D. Eduardo Martínez Viqueira. Teniente Coronel da Garda Civil da Comandancia de A Coruña. Responsable de Execución do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar da Provincia de A Coruña.

Clausura do acto:

  • Dª Mar Martín García. Concelleira Delegada de Benestar Social e Muller Concello de Santiago.