IEEE regulará en USA o exercicio da profesión

IEEE-EE.UU e a Sociedade IEEE Computer Society traballarán xuntos para desenvolver un exame solicitado pola oficina de licenzas estatal para autorizar aos/ás profesionais de enxeñaría do software.

O National Council of Examiners of Engineering and Surveying (NCEES) aproLogo da IEEE Computer Societybou en agosto o desenvolvemento dun exame de Principios e Práctica de Enxeñaría (exame de PE) para a enxeñaría do software. NCEES desenvolve e administra os exames de competencia de enxeñaría utilizados en todas as xurisdicións dos EE.UU.

NCEES recibiu peticións para este exame de enxeñaría do software desde oficinas de 10 estados, o que é un requisito indispensable para comezar o desenvolvemento dun exame novo. Estas oficinas argumentaron que os/as enxeñeiros/as de software xogan un papel moi significativo no crecente deseño e operación de sistemas críticos, polo que deberían ser regulados do mesmo xeito que outras disciplinas de enxeñaría. Os proxectos que afectan á seguridade pública requirirán enxeñeiros/as con esta licenza para verificar que a enxeñaría foi realizada correctamente.

Os/as enxeñeiros/as de software están de acordo. Case dous-terzos (62.9 por cento) dos/as enxeñeiros/as de software enquisados/as en setembro 2008 pola Computer Society indicaron que deberían ser autorizados se practican nas áreas que afectan á saúde pública, seguridade e benestar. Ademais, o 61.5 por cento apoiaron o desenvolvemento dun itinerario de licenzamento para a enxeñaría de software a través da Lei NCEES.

A Computer Society ven apoiando o incremento da profesionalidade no campo de enxeñaría do software a través da "Guía do Corpo do Coñecemento da Enxeñaría do Software" ou SWEBOK, unha guía do ano 2004 para o coñecemento neste campo que agora está sendo actualizada. Baixo o estándar ISO/IEC 24773 aprobado en outubro 2008, todas as certificacións de software teñen que ser conformes coa SWEBOK. As dúas certificacións da Computer Society, a credencial de nivel de entrada do Desenvolvedor de Software Certificado Asociado credencial e a credencial de carreira media de Desenvolvedor de Software Certificado Profesional, son as primeiras dúas certificacións conformes co novo estándar ISO/IEC 24773.

NCEES espera que o exame de enxeñaría de software tarde entre 24 e 30 meses en desenvolverse. A Computer Society, NCEES, a Sociedade Nacional de Enxeñeiros Profesionais, IEEE-EE.UU. e a Oficina de Texas de Enxeñeiros Profesionais compartirán o custo do desenvolvemento e mantemento do exame, e proporcionarán expertos no tema para axudar a desenvolvelo.