Información xeral do seminario "Busca eficaz de información na Web"

Ollo humán azulNo seminario organizado polo Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, introdúcense unhas nocións básicas sobre recuperación de información, descríbense as principais características dos buscadores de Internet máis coñecidos (arquitectura, operadores), defínese que é un metabuscador, descríbense os diversos metabuscadores da Web e cales son as súas vantaxes.

Así mesmo, preséntase a busca dende a perspectiva do usuario, abordando problemas da linguaxe usada e da propia Internet e por último danse diferentes consellos para mellorar o posicionamento dunha páxina web nos buscadores (SEO).

Todo isto con moi variados exemplos e trucos prácticos.

Data, lugar e inscrición

  • Data: venres 6 de novembro ás 17.00 horas.

  • Lugar: Salón de Actos da Facultade de Informática da Universidade da Coruña.

  • Entrada libre.

Poñente

Dr. José Angel Olivas Varela

Nacido en 1964 en Lugo (España), licenciouse en Filosofía (especialidade Lóxica) en 1990 (Universidade de Santiago de Compostela), Máster en Enxeñaría do Coñecemento do Dpto. De Intelixencia Artificial da Universidade Politécnica de Madrid en 1992, e foi Doutorado en Enxeñaría Informática en 2000 (Universidade de Castela-A Mancha).

En 2001 foi Postdoc Visiting Scholar no BISC de Lotfi Zadeh (Berkeley Initiative in Soft Computing), University of California-Berkeley, USA. As súas principais liñas de investigación actuais son o uso de técnicas de Soft Computing para a Recuperación de Información e as aplicacións en Enxeñaría do Coñecemento.

Recibiu, entre outros, o premio na modalidade de Investigación e/ou Desenvolvemento de Produtos Científicos no XI concurso sobre Medio do Concello de Madrid (2002) pola súa tese doutoral.

Dende 2006: Subdirector do Departamento de Tecnoloxías e Sistemas de Información e Coordinador do Programa de Doutorado e Programa Oficial de Posgrao en Tecnoloxías Informáticas Avanzadas (con Mención de Calidade do MEC) da Universidade de Castela-A Mancha.

Dende 1997: Profesor Titular do Departamento de Tecnoloxías e Sistemas de Información da Universidade de Castela-A Mancha.

Dende 1997: Profesor do Departamento de sistemas Informáticos, ICAI - Universidade Pontificia Comillas de Madrid.

1995-97: Coordinador do Departamento de Intelixencia Artificial, Universidade Antonio de Nebrija-UNNE, Madrid.

Dende 1995: Colaboración con INSA (Enxeñaría e Servizos Aeroespaciais, NASA), Procesado de datos de satélites sobre incendios forestais.

1992-1996: Director do Departamento de Informática de PPM (Tres Cantos, Madrid): Consultoría de Sistemas intelixentes a empresas como SOUTHCO ou ATT.

Temario

  1. Recuperación de información vs recuperación de datos.

  2. Proceso de recuperación da información.

  3. Ferramentas de busca en Internet (preséntanse diversos exemplos ilustrativos).

    1. Directorios.

    2. Buscadores.

    3. Meta-buscadores.

    4. Sistemas de pregunta-resposta.

  4. O usuario e os buscadores.

    1. Tipos de consultas.

    2. Que buscan os usuarios.

    3. Por que buscan os usuarios?

    4. Comportamento do usuario como realimentación.

  5. Exame de Google, Yahoo! e Live search.

    1. Operadores de busca.

    2. Resultados.

  6. Problemas na recuperación de información, como afrontalos.

  7. Bibliografía.