O colexio participa o xoves nunha mesa redonda sobre menores e internet, e o sábado no Foro Iberoamericano de Ciberpolicías

O CPEIG foi reclamado como opinión experta pola Garda Civil na Semana Institucional do corpo de seguridade.

Placa da Guardia CivilO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) participará activamente como opinión experta na Semana Institucional da Garda Civil, que se celebra na cidade da Coruña. Deste xeito, o vindeiro xoves, día 1, o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, intervirá na mesa redonda Menores e Internet e o sábado, día 3, no debate Liberdade vs Seguridade na Rede.

O vindeiro xoves o Auditorio da Fundación Caixa Galicia acollerá a partir das sete do serán a mesa redonda Menores e Internet. O debate plasmará a reocupación crecente que existe na sociedade sobre a seguridade dos menores no uso de Internet, especialmente na conexión a redes sociais, mensaxería instantánea, chats e xogos en liña.

Nesta mesa redonda intervirán, ademais do presidente do colexio, duardo Martínez Viqueira, tenente coronel da Garda Civil e xefe de Policía Xudicial e Información da Comandancia da Coruña; Natalia Martos Díaz, directora xurídica de Privacidade da rede social TUENTI; e Santiago Lamelo Fagilde, representante das Asociacións de Pais e Nais de Alumnos da provincia da Coruña. Actuará como moderador Juan Salom Clotet, comandante da Garda Civil e xefe da Unidade de Delictos Telemáticos.

En canto á mesa redonda prevista para o sábado de 11.00 a 13.00 horas no paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña, a organización da mesma pretende ofrecer distintas versións do binomio liberdade/seguridade na rede, dentro da celebración do VI Foro Iberoamericano de Encontro de Ciberpolicías. Os expertos convocados neste seminario abordarán aspectos de interese, entre eles a necesidade ou non de máis medidas para garantir máis seguridade; se estas medidas son compatibles co espazo de liberdade que representa a rede ou se é posible tecnicamente "ordenar" a rede. Os relatores debaterán, ademais, sobre a autorregulación ou a mellora da política criminal, entre outros asuntos.

Desde un enfoque máis técnico, intervirá o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo. Acompañarano na mesa o garda civil Juan Salom Clotet; o avogado-socio do bufete Pintos&Salgado Víctor Salgado Seguín; o alumno da Universidade da Coruña José Andrés Serantes Villadoniga e Luis María Uriarte Valiente, da Fiscalía de Pontevedra.