Información sobre as asembleas 2008

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia celebrará dúas asembleas, unha extraordinaria e outra ordinaria, no último sábado do mes de marzo.

Data, hora e lugar

  • Data: Sábado 29 de marzo de 2008
  • Hora:
    • Asemblea extraordinaria: 9.00 en 1ª convocatoria e 9.30 en 2ª convocatoria
    • Asemblea ordinaria: 11.30 en 1ª convocatoria e 12.00 en 2ª convocatoria
  • Lugar: Sala Mozart do Auditorio de Galicia, Avenida do Burgo das Nacións s/n, Santiago de Compostela.

Documentación relacionada coas asembleas

Convocatoria

Na convocatoria oficial das asembleas poderá atopar a xustificación das mesmas, as ordes do día. [descargar]

Estatutos

A Asemblea Xeral extraordinaria que se celebrará en primeiro lugar ten como finalidade aprobar unha serie de modificacións dos estatutos do colexio segundo as directrices da Xunta de Galicia. Sen estas modificacións a Xunta de Galicia non tramitará a fase final de constitución do colexio.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

  • Estatutos aprobados na Asemblea constituínte do colexio celebrada o 15 de decembro de 2007. [descargar]
  • Estatutos modificados que se van a someter a aprobación con anotacións, as cales resaltan os cambios respecto aos orixinais. [descargar] (actualizado o 25 de marzo)
  • Estatutos modificados que se van a someter a aprobación. [descargar] (actualizado o 25 de marzo)

Contas e orzamentos do colexio

A aprobación das contas é un trámite esixido polos estatutos do colexio na que se debe dar o visto bo ás contas do ano anterior. En realidade para esta primeira asemblea ordinaria non haberá contas, xa que desde que se celebrou a asemblea constituínte o 15 de decembro de 2007, e ata o 31 de decembro de 2007, o colexio non incorreu en gastos. Esta unha situación peculiar que unicamente se vai a dar nesta primeira asemblea ordinaria.

En relación cos orzamentos, o xoves 27 de marzo foi enviado por correo electrónico aos colexiados/as un documento cos orzamentos que se pretenden aprobar.

Proposta de cotas de colexiación

A proposta de cotas de colexiación e pre-colexiación para a súa aprobación na Asemblea xeral ordinaria é a seguinte:

TipoImporte mensual
Colexiación10€
Pre-colexiación5€

A previsión é que os recibos se pasen cada seis meses, un no mes de xaneiro e outro en xullo. Excepcionalmente, durante este primeiro ano os recibos tramitaranse nos meses de abril e setembro.