Publícase o informe "As Tecnoloxías da Información en España 2008"

AETIC e o Ministerio Industria, Turismo e Comercio elaboraron informe este informe anual, no cal se recollen os principais datos da evolución do sector ao longo do pasado ano.

Logotipo de AETIC

O estudo ofrece unha completa análise do contexto económico do sector de tecnoloxías da información, onde se poden encontrar os principais datos correspondentes á evolución dos segmentos que compoñen o mercado como é o caso do hardware, o software, servizos informáticos, servizos telemáticos, equipos ofimáticos e consumibles entre outros.

Así mesmo, destácase a información histórica sobre a evolución e tendencias do sector, xa que a coherencia metodolóxica e os procedementos de análise fai das series temporais xeradas unha fonte de información altamente fiable e moi consolidada.

O documento pode descargarse online.