Presentadas as proposicións de ley para a creación dos colexios de Madrid

O Grupo Parlamentario Socialista ven de presentar o pasado 30 de xuño ante a Asemblea de Madrid as PLs para a creación dos colexios de enxeñaría e enxeñaría técnica en informática de Madrid.

Logotipo da Comunidad de MadridTrátase do primeiro movemento neste sentido desde que en 2001 a Comunidade Autónoma de Madrid rexeitara a solicitude de creación destes colexios por non ser as enxeñarías en informática profesións reguladas. Porén, nos últimos tempos a Asemblea de Madrid parece ter mudado de postura xa que o pasado 7 de maio o Pleno aprobaba por unanimidade a Proposición de Lei de creación do Colexio Profesional de Educadoras e Educadores Sociais de Madrid, profesión que tampouco aparece na lista de profesións reguladas publicada pola Vicepresidencia do Goberno mediante o Real Decreto 1837/2008.

Dende o CPEIG esperamos que nesta ocasión a proposición saia adiante e se constitúan ambos colexios por considerar que ambos son imprescindibles para a vertebración da estructura colexial, de cara á inminente creación dos consellos xerais de colexios, e a ansiada regulación profesional.