Estatutos modificados do CPEIG con anotacións

Este arquivo contén os estatutos anotados do CPEIG modificados segundo as indicacións da Xunta de Galicia.

Son os estatutos que se pretenden aprobar na Asemblea xeral extraordinaria do 29 de marzo de 2008.

As anotacións permiten visualizar os cambios respecto dos estatutos aprobados na Asemblea constituínte.

Os códigos de cores utilizados nas anotacións teñen o seguinte significado:

  • Amarelo: primeira rolda de modificacións realizadas en función do informe xurídico remitido pola Xunta de Galicia ao colexio.
  • Verde: segunda rolda de modificacións realizadas en función dos acordos tomados nunha reunión coa Xunta de Galicia.
  • Vermello: terceira rolda de modificacións realizadas en función dun correo electrónico remitido pola Xunta de Galicia e na que se solicitaban unha serie de axustes adicionais sobre os estatutos.
  • Gris: cuarta rolda de modificacións realizadas en función dun correo electrónico remitido pola Xunta de Galicia e na que se solicitaban unha serie de axustes adicionais e definitivos sobre os estatutos antes da súa aprobación.
  • Marrón: quinta rolda de modificacións en función dun correo electrónico remitido pola Xunta de Galicia con correccións nas referencias a artigos legais e o agregado dunha disposición transitoria.
AdxuntoTamaño
estatutos_modificados_anotados.pdf201.5 KB