Constituido o colexio de enxeñaría técnica da Rexión de Murcia

Xa son 20 os colexios autonómicos, entre enxeñaría técnica e enxeñaría en informática.

Logo do Colegio Profesional Ingenieros Técnicos en Informática de la Región de MurciaNa tarde do xoves 25, celebrouse no salón de actos da Facultade de Informática da Universidade de Murcia a Asemblea Constituínte do "Colegio Profesional de Ingenieros en Informática de la Región de Murcia", na que se ratificou a xestión levada a cabo pola Comisión Xestora e se aprobaron os estatutos provisionais do colexio.

Coa constitución deste colexio xa son nove as comunidades autónomas que contan con colexio de enxeñaría técnica en informática e once as que contan con colexios de enxeñaría en informática. Canarias é a única comunidade que conta unicamente co colexio de enxeñaría técnica, mentras que Castela e León, Extremadura e Euskadi só teñen o de enxeñaría.

O CPEIG felicita a todos os enxeñeiros técnicos da Rexión de Murcia por ter acadado un logro tan importante.