O Valedor do Pobo presenta o seu informe 2008, o cal recolle as reclamacións da nosa enxeñaría

O Valedor do pobo presenta no Congreso dos Deputados o seu Informe do ano 2008, no que as reclamacións dos/as Enxeñeiros/as en Informática e dos/das Enxeñeiros/as Técnicos/as en Informática teñen un destacado papel.

Logotipo do Defensor del PuebloEn novembro de 2008 CPEIG animou a todos/as os/as Enxeñeiros/as en Informática e simpatizantes a sumarse a unha iniciativa dos colexios de toda España para presentar unha queixa ante o Valedor do Pobo, reclamando a regulación profesional.

Foron moitas as persoas que realizaron esta queixa e no informe que se presenta no Congreso recóllese este esforzo, cos seguintes datos desa campaña:

"2.629 informáticos solicitan da Institución que reclame das administracións competentes unha regulación das profesións de enxeñeiro e enxeñeiro técnico en informática"

A voz dos/as Enxeñeiros/as en Informática oirase de novo no Congreso, e neste caso da man do propio Valedor do Pobo, o cal non deixa de ser unha excelente noticia.