Información sobre as asembleas 2009

Logotipo das asembleas do CPEIG 2009

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia celebrará dúas asembleas, unha extraordinaria e outra ordinaria, no segundo sábado do mes de xuño.

Data, hora e lugar

  • Data: Sábado 13 de xuño de 2009.
  • Hora:
    • Asemblea Xeral extraordinaria: 16.00 en 1ª convocatoria e 16.30 en 2ª convocatoria
    • Asemblea Xeral ordinaria: 17.30 en 1ª convocatoria e 18.00 en 2ª convocatoria
  • Lugar: Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Sur, Santiago de Compostela.

Documentación relacionada coas asembleas

Convocatoria

Na convocatoria oficial das asembleas poderá atopar a xustificación das mesmas, as ordes do día.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

  • Convocatoria oficial das Asembleas Xerais 2009 [descargar]

Estatutos

A Asemblea Xeral extraordinaria que se celebrará en primeiro lugar ten como finalidade aprobar unha serie de modificacións dos estatutos para mellorar a operativa do colexio.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

  • Decreto 112/2008, do 15 de maio, polo que se aproban os Estatutos do CPEIG [descargar]

  • Estatutos do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (2008) (Galego) [descargar]

  • Estatutos del Colegio Profesional de Ingeniería en Informática de Galicia (2008) (Castelán) [descargar]

  • Estatutos modificados que se van a someter a aprobación [descargar]

Actas das asembleas celebradas en 2008

No ano 2008 celebráronse dúas asembleas xerais das cales é precisa a aprobación das súas actas.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

  • Acta da Asemblea Xeral extraordinaria 2008 (AX-2008/01) [descargar]

  • Acta da Asemblea Xeral ordinaria 2008 (AX-2008/02) [descargar]

Memoria anual de actividades

Os estatutos do colexio recollen que unha das competencias da Asemblea Xeral é a aprobación da memoria anual de actividades presentada pola Xunta de Goberno do Colexio.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

Contas do exercicio 2008

A aprobación das contas é un trámite esixido polos estatutos do colexio no que se debe dar o visto bo dentro da Asemblea Xeral ás contas do ano anterior.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

Orzamentos e cotas de colexiación

Os estatutos do colexio establecen que a Asemblea Xeral debe aprobar os orzamentos do ano 2009 e as cotas de colexiación.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

  • Orzamentos e cotas previstas para o ano 2009 [descargar]

Código deontolóxico

O estatutos do colexio establecen a obrigatoriedade de que os/as colexiados/as compran coas normas deontolóxicas. Dado que estas normas non están definidas formalmente, é intención da Xunta de Goberno que durante a Asemblea Xeral 2009 se aprobe un código deontolóxico que estableza este marco normativo.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

  • Código deontolóxico e de ética e práctica profesional (CDEPP.1) [descargar]

Candidaturas a colexiados/as de honra

Os estatutos do colexio recollen a posibilidade de establecer membros colexiados/as de honra, que serán aquelas persoas, pertencentes ou non á profesión, que lle rendan ou renderan servizos destacados ao colexio ou á profesión. Este título debe ser outorgado mediante acordo da Asemblea Xeral, a proposta da Xunta de Goberno.

  • Candidatura a Colexiado de Honra 2009/01: D. Jesús Vázquez Abad  [descargar]
  • Candidatura a Colexiado de Honra 2009/02: Presidentes da AEIG. D. Javier Rodeiro Iglesias, D. Gabriel Ferreiro Pena, D. Jesús Rodríguez Castro [descargar]