Condicións especiais no despacho León & Pérez avogados

Introdución

O CPEIG ten asinado un convenio de colaboración co despacho de avogados  LEÓN & PÉREZ AVOGADOS polo cal este bufete asesora a colexio en todos os asuntos xurídicos que lle poidan ser de interese.

Condicións

Logotipo de León&Pérez AbogadosDentro deste convenio inclúese para os/as colexiados/as que requiran dos  servizos deste bufete a título particular un desconto do 20% sobre o baremo de honorarios vixente, aprobado polo Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.

Os servizos de LEÓN & PÉREZ AVOGADOS desenvólvense tanto no ámbito xudicial, como extraxudicial, incluíndo asesoramento, tanto a empresas coma a particulares.

Igualmente, LEÓN & PÉREZ AVOGADOS actúa na orde civil (arrendamentos, reclamacións de cantidade, accidentes, seguros, herdanzas, divorcios...), administrativo (función pública, licenzas e autorizacións, sancións...), penal (delitos contra a propiedade intelectual e industrial, estafas, roubos, delitos contra a seguridade do tráfico...), mercantil (sociedades, concursal, cambiario -obrigas de pagamento, letras de cambio, etc. -, patentes e marcas, dereito bancario, contratación...), laboral (contratos de traballo, despedimentos, expedientes de regulación de emprego...).

Como acceder a estas vantaxes

Calquera colexiado/a interesado en contratar os servizos de LEÓN & PÉREZ AVOGADOS poderán acudir ás oficinas de Santiago de Compostela na Rúa Alfredo Brañas, 12, 2ºB, logo de cita concertada no teléfono 981 55 35 85.