Os concellos onde se imparten os estudos de Enxeñaría en Informática presentarán unha moción pedindo a regulación da profesión

Instarán ao Goberno á inminente regulación, así como a súa consideración en igualdade de condicións que o resto das enxeñerías, recoñecendo a gran importancia de esta profesión no desenvolvemento da sociedade actual.

Símbolo do CPEIGOs estudos de enxeñería e enxeñería técnica en informática nacen a partires da licenciatura e a diplomatura en informática. O decreto 327/1976, de 26 de febreiro establecía a necesidade de que o ensino en informática se desenvolvera a través da educación universitaria e de formación profesional. Os reais decretos 1459/1990, 1460/1990 e 1461/1990 de 26 de outubro, estableceron as directrices xerais dos plans de estudos conducentes á obtención dos títulos de enxeñería e enxeñería técnica en informática e o RD 1954/1994, de 30 de setembro o que estableceu a homologación dos títulos de licenciatura e diplomatura en informática aos títulos de enxeñería en informática, enxeñería técnica en informática de sistemas e enxeñería técnica en informática de xestión.

Con posterioridade a estes decretos, algunhas Comunidades Autónomas crearon os correspondentes colexios oficiais, pero segue pendente a regulación da profesión como tal, que corresponde ao estado.

Na Unión Europea, hai un rexistro no que cada país inclúe as súas profesións reguladas, e no que concirne á enxeñería informática, está regulada en países como Alemania, Francia, Italia, Grecia, Islandia, Liechtenstein, Reino Unido e Portugal.

Actualmente, o titulado universitario no ámbito das enxeñerías en informática desempeña en España o seu traballo nunha profesión non regulada e polo tanto, a actividade nesta profesión pode ser realizada por calquera, sexa ou non titulado, coa única salvedade de que as denominacións de enxeñeiro e enxeñeiro técnico en informática están reservados para os seus titulados.

A Lei 2/1964, de 29 de abril, estableceu o criterio básico de reordenación das ensinanzas técnicas, dispoñendo no seu artigo cuarto que o títulos de arquitecto e enxeñeiro representan la plenitude de titulación no orde profesional para o exercicio da técnica correspondente, sen que a especialidade cursada prexuzgue respecto da capacidade legal para o exercicio profesional nas restantes especialidades da escola técnica superior correspondente.

O decreto 148/1969, de 13 de febreiro, relacionou as denominacións dos titulados por escolas técnicas superiores e, dende aquela, diferentes disposicións legais regulan os dereitos, atribucións e requisitos de formación correspondente ás diversas ramas profesionais.

Ao abeiro do artigo 28 da Lei Orgánica 11/1983, de 25 de agosto, de Reforma Universitaria, con posterioridade, se recoñeceron os títulos de enxeñeiro técnico en informática de sistemas, enxeñeiro técnico en informática de xestión e o de enxeñeiro en informática, aprobando os reais decretos xa referidos, coas directrices propias conducentes a súa obtención. Posteriormente, a Lei Orgánica 4/2007, de 12 de abril, modifica a Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades. Aínda así, o exercicio da profesión para a que dicha titulación habilita atópase pendente da explícita regulación de conformidade co mandato constitucional. A dispersión de toda esta normativa aconsella unificar y precisar la regulación de esta profesión.

Asemade, o artigo 36 de nosa Constitución establece que a lei regulará o exercicio das profesións tituladas. Igualmente, o real decreto 1393/2007, de 29 de outubro, establece que haberán de ser consideradas profesións reguladas aquelas que así o estableza unha norma de rango de lei.

A este tenor, a Disposición Final Primeira da Lei 12/1986, de 1 de abril, sobre a regulación das atribucións profesionais dos arquitectos e enxeñeiros técnicos, modificada pola Lei 33/1992 autoriza ó Goberno a desenvolver regulamentariamente o establecido nesa Lei e ademais, de acordo co establecido na Lei Orgánica 11/1983, de 25 de agosto, de Reforma Universitaria, o Goberno modificará as especialidades referidas no artigo 1.2 que considera como especialidades cada unha das enumeradas no decreto 148/1969, de 13 de febreiro, en atención ás necesidades do mercado, ás correspondentes variacións nos planes de estudios das Escolas Universitarias e ás esixencias derivadas das directivas das Comunidades Europeas, sen que ate o momento se dera cumprimento ao disposto na citada Lei.

As tecnoloxías relacionadas coa informática, habitualmente englobadas na denominación de tecnoloxías da información e da comunicación, ou TIC, constitúen a ferramenta coa que a nosa sociedade, a sociedade da información afronta gran parte das súas necesidades e un dos principais motores de progreso.

Ante o gran desenvolvemento, pasado, actual e futuro destas TIC, faise necesario un marco regulador da súa actividade e da formación e cualificación necesaria para levar a cabo certas tarefas técnicas derivadas de dicho marco.

De feito, tanto la Conferencia Española de Directores e Decanos de Enxeñería Informática (CODDI) en representación dos centros universitarios españois que imparten os títulos de enxeñería informática, enxeñería técnica en informática de xestión e enxeñería técnica en informática de sistemas, así como os distintos colexios profesionais de enxeñería técnica en informática e colexios profesionales de enxeñería en informática de toda España veñen expresando o seu malestar ante a despreocupación e falta de compromiso do Goberno con respecto aos estudios de enxeñeiro informático en España e á falta dunha regulación da profesión. A este respecto, cabe sinalar que o 16 de marzo de 2007 se chegou a un acordo entre a CODDI, os colexios profesionais, as asociacións profesionais e os estudantes (RITSI) para reclamar conxuntamente a inmediata regulación da profesión, a partir do que se creou un grupo de traballo, ao que se adheriron outras organizacións.

Se debe de buscar unha regulación da profesión de enxeñeiro e enxeñeiro técnico en informática porque os seus profesionais desenvolven actividades que lles resultan propias en virtude das competencias adquiridas por estos nos seus plans de estudo e que, dunha práctica neglixente de dichas actividades pode ser lesionado o interese xeral. O enxeñeiro e o enxeñeiro técnico en informática dan resposta a unha necesidade social en distintos campos, como por exemplo: peritaxes informáticos, auditor de datos e responsable de seguridade de datos... A modo de exemplo entre outros, como atribución profesional destes colectivos estaría o deseño, xestión e auditoría de sistemas de bases de datos referidos na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, co obxecto de garantir que dichos sistemas incorporen mecanismos que lle confiran integridade e seguridade. A xustificación de interese xeral ven imposta pola Constitución no seu artigo 18.4 que refire que "a lei limitará o uso de la informática para garantir o honor e a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos".

Non cabe dúbida de que a ausencia desta regulación explícita deixa a porta aberta a que a falta de profesionalidade chegue a causar graves prexuicios á sociedade, como mostran a miúdo os medios de comunicación e os foros profesionais sobre informática e sociedade da máis alta relevancia internacional como o Forum on Risks to the Public in Computers and Related Systems coordinado polo ACM Committee on Computers and Public Policy. É para previr este risco que debe establecerse un marco que protexa o interese xeral fronte ás consecuencias que pode provocar o descoñecemento sobre as implicacións técnicas da regulación, así como ante a falta de formación e cualificación técnica que require o desenvolvemento destas tecnoloxías, dado o seu altísimo dinamismo e crecente complexidade.

O propio Ministerio de Ciencia e Innovación recoñecía recentemente, en resposta escrita a unha pregunta do Grupo Popular, a demanda que exercen os sectores profesionais esixindo dicha intervención, así como a necesidade de impulsar a elaboración dunha lei de atribucións profesionais que inclúa referencia á profesión da enxeñería informática.

Unha situación como a presente na que as titulacións deben adaptarse en breve ao Espazo Europeo de Educación Superior e dada a importancia da responsabilidade civil e para garantir que os servizos e produtos do ámbito da informática que recibe a sociedade da información posúe o máximo nivel de calidade, e para evitar posibles conflitos de toda índole, require a necesidade de elaborar unha lei atribucións profesionais para a profesión da enxeñería informática.

Recentemente o Senado aprobou por unanimidade, a instancias do Grupo Popular, unha moción para que se incorporen tras un breve período as titulacións do ámbito da enxeñería informática (grado e master) na discusión do conxunto das enxeñerías e estudar, respectando a lexislación e normativa vixentes, as posibilidades de definir solucións transitorias para que a enxeñería e a enxeñería técnica en informática teñan o mesmo trato que o resto das enxeñerías ate o desenvolvemento lexislativo da regulación de profesións no marco de transposición da directiva europea de servizos.