Un fallo informático carga ata 13.800 euros a residentes da USC

O erro corrixiuse sen problema, pero deu un bo susto aos afectados. A incidencia implicou a uns 300 estudantes, aínda que as contías foron diferente.

A noite nunha residencia universitaria a prezo de suite nun hotel de luxo. Así Logotipo da Universidade de Santiagofacturou a semana pasada a Universidade de Santiago de Compostela (USC) as cotas de alumnos que se aloxan nas súas residencias e colexios maiores. O motivo, un fallo informático, xa emendado, que fixo que se chegase a cargar unha cota mensual a varios estudante de máis de 13.800 euros, a razón de máis de 460 euros por cada día de estanza.

O erro afectou a uns 300 alumnos dos máis de 1.000 aloxados no sistema de residencias da USC, segundo apunta o vicereitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José Manuel Mayán Santos. As cantidades rexistradas foron diferentes en cada caso, e non todas tan avultadas, pero só no Monte de Condesa 11 universitarios viron cargadas nas súas contas sumas de 13.861 euros.

A aplicación informática volveuse de súpeto tola, ou algo parecido. A verdade é que había alumnos moi preocupados, pero eses cargos se anularon sen ningún problema, foi algo puntual. Claro que o susto é o suto", recoñece o vicereitor Mayán Santos.

A aplicación informática empregada pola Universidade de Santiago para cargar nas contas bancarias do alumnado a cota mensual polo aloxamento funciona dende hai tres anos e ata agora nunca sufrira un problema similar.

Desculpas por carta

O alumnado afectado recibiu unha carta do vicerrectorado de Comunidade Universitaria informándoos de que debían devolver a factura errada e que máis adiante se lles facturará o importante correcto.

Os prezos do aloxamento nas residencias e colexios maiores da Universidade de Santiago de Compostela oscilan entre os 45 euros mensuais nun cuarto dobre coa máxima subvención e os 284 por un cuarto individual para os universitarios cunha renda familiar igual ou superior a 9.000 euros por membro.