A Generalitat gastou 25 millóns nun programa inservible

Estes fondos destináronse ao proxecto informático GAUDÍ, que en principio ía servir para mellorar a xestión do Imposto de Sucesións.

Escudo Generalitad de CataluñaA Generalitat gastou 25 millóns de euros de diñeiro público nun programa informático para xestionar o imposto de Sucesións, a través da Axencia Tributaria de Cataluña, que finalmente non funcionou e foi retirado, segundo un informe do sindicato de funcionarios CATAC ao que accedeu EFE.

Estes fondos destináronse ao proxecto informático GAUDÍ, que en principio ía servir para mellorar a xestión do Imposto de Sucesións, pero neste tributo "o 20% dos expedientes estaban prescritos no momento en que foron presentados", segundo consta nun recente informe da Sindicatura de Contas que provocou o novo informe de CATAC.

Segundo o sindicato, a Generalitat dedicou 15,8 millóns a deseñar e instalar o novo programa GAUDÍ, que se encargou á empresa Indra, outros 6,9 millóns a seguir a evolución do programa e outros 2,3 millóns ao mantemento do programa. Total, 25 millóns.

Pola súa banda, o propio informe da Sindicatura sinalaba que tres anos despois do inicio do proxecto en 2004, "GAUDI non funciona na súa totalidade; rescindiuse o contrato e decidiuse levar a cabo un novo concurso para contratar unha nova empresa que desenvolva a totalidade do proxecto".

En opinión de CATAC, "o desastre vai máis alá da xestión dos impostos e dos recursos informáticos e esténdese ata a xestión dos recursos humanos, tales como os mecanismos de formación, a realización das horas extraordinarias e os pagamentos extraordinarios".

No seu informe interno, CATAC denuncia ademais que "a gravación e dixitalización das autoliquidacións en concepto do Imposto de Sucesións e Doazóns a partir do abril de 2004 polo sistema GAUDI, non se puido facer ata o exercicio 2007.

"A comprobación de valores non se iniciou ata xullo de 2007 porque non foron gravadas e dixitalizouse as autoliquidacións", critica o documento sindical.

Tamén se pon de manifesto que, malia que o sistema GAUDI non era operativo, "non" se continuaron gravando os documentos co anterior sistema informático".

CATAC pregúntase se algunha das persoas ás que se encargara a recadación e xestión do imposto responderá "polo diñeiro perdido pola Administración como consecuencia da inhibición das propias responsabilidades".

Segundo o estudo deste sindicato, as deficiencias na xestión informática do imposto continúan e así "o último cruzamento de datos realizado pola Inspección de Tributos coa información procedente dos rexistros civís e xulgados de paz foi o correspondente a defuncións do exercicio 2003".

"Non" se fixo "ningún cruzamento posterior por problemas co sistema informático GAUDI. Durante o exercicio 2007 leváronse a cabo cruzamentos coa información facilitada polos notarios correspondente ao exercicio 2003", denuncia este sindicato.

Os dereitos liquidados no exercicio 2007 en concepto do impostos de sucesións e doazóns sumaron 844 millóns de euros, dos que se cobraron 741 millóns e quedaron pendentes outros 102 millóns.

O total liquidado por impostos directos representa o 39% do total dos ingresos tributarios da Generalitat e en 2007 o imposto de sucesións e doazóns supuxo o 5,1% do total de ingresos tributarios e o 13% do total de ingresos por impostos directos.