A Comunitat Valenciana garante departamentos de informática en institutos malia que se crean sen persoal específico

A Comunitat ocupa a última posición no ranking nacional de ordenadores por profesor.

A Conselleria de Educación valenciana acordou presentar un real decreto poloImaxe dun aula de informática que se garante a creación de departamentos didácticos de informática en todos os institutos e centros de Formación Profesional da Comunitat. Esta proposta, que responde a unha das principais demandas do sector sindical, vén a cubrir unha das necesidades máis demandadas dos últimos dez anos nos centros de Secundaria que denuncian a falta de respaldo da administración educativa á hora de poñer en marcha proxectos relacionados coas novas tecnoloxías e da creación de equipos especializados.

De feito, para a Federación de Ensino de UGT, "non abonda coa creación dos departamentos didácticos de Informática nos institutos", senón que, ao seu xuízo, "tamén procede que se lles dote de profesorado especializado nesta materia", de maneira que se garanta que en todos os centros "existan polo menos dous profesores por departamento, un da especialidade de Informática e outro do corpo técnico de profesores de FP, da especialidade de Sistemas e Aplicacións Informáticas," indicaron fontes sindicais.

Para UGT, a medida "chega certamente moi tarde e tras unha importante loita das organizacións sindicais docentes e a propia asociación de profesores de informática", segundo informaron fontes sindicais nun comunicado.