Información xeral da mesa redonda "Redes sociais, facebook, tuenti... A cara oculta dos meus fillos"

Lugar: Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

Data: luns 20 de abril ás 19.00 horas.

A invitación para asistir pode descargarse ao final deste documento.

Logotipo do CPEIGLogotipo do concello de Santiago de CompostelaNa mesa redonda, organizada pola Concellaría de Benestar Social e Muller de Santiago de Compostela coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñaría en informática de Galicia, abordaranse temas de transcendencia dende a orixe e alcance actual destas redes sociais, así como a súa repercusión na xuventude e a adición ás mesmas por parte dela.

Redes sociaisIntervirá en calidade de coordinadora da mesa:

  • Dª Mar Martín García, Concelleira Delegada de Benestar Social e Muller do Concello de Santiago.

Poñentes:

  • D. Fernando Suárez Lorenzo. Presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.

  • Dª. Mª del Carmen Fernández Eire. Psicológa clínica do Departamento de Psiquiatría do Complexo Hospitalario CHUS.

  • D. Eduardo Martínez Viqueira. Teniente Coronel da Garda Civil da Comandancia de A Coruña. Responsable de Execución do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar da Provincia de A Coruña.

AdxuntoTamaño
Invitación122.27 KB