Aprobada en Asturias a PNL sobre a regulación das Enxeñarías en Informática

A Xunta Xeral do Principado de Asturias aprobou por UNANIMIDADE a PNL da Regulación Explícita de profesión de Enxeñaría Técnica e Enxeñaría en Informática.

Escudo do Principado de AsturiasO venres 20 de marzo ás 12 horas, a Xunta Xeral do Principado de Asturias aprobou por UNANIMIDADE unha Proposición non de lei que solicita á Regulación explícita de profesión de Enxeñaría Técnica e Enxeñaría en Informática.

A PNL aprobada é: "A Xunta Xeral do Principado de Asturias insta ao Consello do Goberno para que inste ao Goberno da Nación a necesidade de acometer no marco da lexislación sobre atribucións profesionais, a regulación explícita da Enxeñaría e Enxeñaría Técnica en Informática no noso país, así como a súa consideración en igualdade de condicións que o resto das enxeñarías españolas, recoñecendo a gran importacia destas profesións no desenvolvemento da sociedade actual".