A Asociación de Internautas denuncia Cultura e pide o cesamento de Francisco Ros

A asociación presenta unha denuncia pola súa campaña "Se es legal, es legal". Esixen a retirada da devandita campaña e a destitución do secretario de Estado de Telecomunicacións, Francisco Ros.

Francisco RosA Asociación de Internautas presentou unha denuncia contra o Ministerio de Cultura pola súa campaña "Se es legal, es legal" e pediu a destitución do secretario de Estado de Telecomunicacións, Francisco Ros, pola súa política sobre descargas dende Internet.

O presidente da Asociación de Internautas, Víctor Domingo, explicou que presentaron a demanda ante a Sala do Contencioso Administrativo da Audiencia Nacional pedindo a retirada da campaña "Se es legal, es legal", en contra das descargas ilegais por Internet, por falta de veracidade e por incoherencia con outras campañas.

A Asociación de Internautas considera que a campaña é incoherente coa imposición de canon en todas a tecnoloxías baixo o suposto de que a maioría das copias son legais.

A organización publicou unha carta aberta ao ministro de Industria, Comercio e Turismo, Miguel Sebastián, na que denuncia a acción de "certos grupos de presión" en relación co uso de Internet. Esta asociación remitiu xa ao Ministerio de Cultura a petición de que cesase a campaña, así como á comisión de publicidade e comunicación institucional do Ministerio da Presidencia, agregou Domingo.

A organización asegura que non entende que o secretario de Estado marque a política do ministerio nestes temas e pide que sexa substituído o antes posible.