Un estudo analiza a GPL v3

Elaborado por Elena Pérez Gómez e Sánchez-Crespo Abogados e Consultores, o estudo analiza a version 3 da licenza GPL ademais doutro tipo de licenza e a súa validez no marco xurídico dos dereitos de autor.

Logotipo do proxecto GNU da Free Software Fundation (FSF)O estudo acude directamente ao texto da licenza para apuntar as cuestións máis relevantes analizaciando cláusula a cláusula a licenza GPL v3 para poñela en relación coa normativa sobre dereitos de autor española. Así mesmo, tamén se resumen as cesións de dereitos de propiedade intelectual que o autor do programa concede cando utiliza outro tipo de licenzas Opensource, xa que non todo é GPL.

 

O estudo pode ser de utilidade para entender as compatibilidades entre a licenza GPL e outros tipos de licenzas "abertas" e porque, partindo da análise realizada sobre a licenza GPL, se pode aplicar analoxicamente a devandita análise a estas outras licenzas.

O documento PDF co estudo está dispoñible públicamente para descarga.