Comunicado do CPEIG en relación Plataforma Galega pola Defensa das Enxeñarías en Informática

Símbolo do CPEIGO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), coñecedor da iniciativa da Plataforma Galega pola Defensa das Enxeñarías en Informática, quere manifestar que o obxectivo co que se constitúe esta Plataforma, a Consecución da Regulación Profesional e Académica das Enxeñarías en Informática,  é tamén un obxectivo compartido por este colexio.

E así quere declarar, por tanto, a súa sinerxia con esta iniciativa e con calqueira outra que neste senso se desenvolvan en aliñamento coas accións e iniciativas que este colexio desenvolveou e está a desenvolver no mesmo eido, e sempre baixo o máximo respeto e acatamento dos principios democráticos, de cumprimento e observamento da legalidade  e dos principios cívicos e de convivencia.